O SOLO: TESOURO ESQUECIDO E MALTRATADO

564967

Dentro dos aspectos ecolóxicos ou de coidado ambiental, o solo é o gran descoñecido entre a poboación. Existe unha percepción xeneralizada de que “solo hai moito”, tamén xoga na súa contra que non sexa tan visible o seu deterioro, ou tan vistosa a súa aparencia coma a dun océano ou un bosque frondoso, ou que non poida apelar ao aspecto sentimental como a morte dun animal ou árbore porque a crenza popular é de que é un ser inerte, sen vida.

É máis, estou convencida que o propio termo da edafoloxía (ciencia que estuda o solo como medio vital para os seres vivos) causaría extrañeza por descoñecemento agás para os entendidos da materia.

Pero o solo é un recurso natural igual de vital que o auga ou o aire para sostener a vida na Terra.

Por qué deberamos protexer (e non subestimar) ao solo?

  • Moita xente está preocupada polo cambio climático e existen medidas para frealo actuando na atmosfera, pero moitas persoas descoñecen que o chan contén a maior reserva de carbono terrestre xa que almacena casi tres veces máis carbono que a atmosfera e o doble que na vexetación polo que é esencial como regulador do clima.
  • É un ser vivo, que alberga a cuarta parte da diversidade biolóxica do planeta. Hay miles de millóns de microorganismos tales como bacterias, fungos e protozoos no solo, así como milleiros de insectos, ácaros e vermes. Hay máis organismos nunha culler de solo sano que xente no planeta.
  • biodi
  • Un solo saudable pode alimentar ao mundo e garantir a seguridade alimentaria pois nel comenza a alimentación. Composto de minerais, auga, aire e materia orgánica, proporciona o ciclo de nutrentes primarios para a vida vexetal e animal e actúa como unha base para a alimentación, combustibles, fibras e productos médicos, así como para moitos servizos.
  • O suministro de auga de calidade depende tamén do solo que actúa como medio protector da auga grazas a súa capacidade de filtrar, amortiguar e transformar os contaminantes procedentes da atmosfera e outras fontes, impedindo que alcancen as augas subterráneas.
  • Ademáis, son fonte de materias primas, protexen os restos arqueolóxicos e nos informan sobre procesos xeolóxicos e climáticos pasados.

E cales son as ameazas dun solo saudable?

  • Os procesos erosivos. Eles existen nos cumios e ladeiras de moitas montañas, pero son agravados polos incendios forestais, que non só eliminan a vexetación, senón que causan efectos máis duradeiros ao provocar a degradación física, química e  biolóxica do terreo.
  • Exemplo-de-mineria-a-ceo-aberto corcoestoA minaría a ceo aberto é unha actividade de grande impacto que causa a eliminación de grandes extensións de solo natural e xera, a súa vez, entulleiras que precisan restauración para permitir o desenvolvemento da vexetación, necesaria para a súa recuperación funcional e paisaxística.
  • Ao quedar recuberto por infraestruturas e edificacións, afecta no ciclo do auga, porque altera a función filtrante e de reserva da auga. E si se constrúe sobre solos de regadío estanse selando de forma permanente solos de boa calidade.
  • Outras ameazas para a integridade e calidade dos solos son a apertura de pistas, os traballos de preparación para reforestación ou implantación de prados, as labores de cultivo en momentos nos que os solos non teñen condicións de humidade adecuadas, así como o sobrepastoreo.
  • A contaminación: por hidrocarburos, metais pesados, residuos de praguicidas, aplicación excesiva de fertilizantes e fitosanitarios… Os verquidos supoñen tamén un grave risco de contaminación de solos e augas subterráneas.
  • Os microbios necesitan carbón como alimento e acabamos co uso de fertilizantes químicos, o sobrepastoreo e arado, a queima de rastroxos para acelerar a rotación de cultivos e outras prácticas agrícolas non sostibles.

Recomendacións para a poboación relativas á conservación do solo:

  • prevención degradación sueloManter a cuberta vexetal, evitando talas indiscriminadas, conservar limpo o sotobosque para evitar a propagación dos incendios, empregar as especies forestais adecuadas para cada emplazamiento (por diversidade dos recursos de flora e fauna, e a calidade do paisaxe).
  • Evitar a fertilización excesiva e reducir ao indispensable o emprego de praguicidas, optando, si se pode, polo control biolóxico das pragas.
  • Evitar a compactación por gando ou tráfico de veículos, e a erosión por labores profundas, barbeitos, desprazamentos pola máxima pendente ou rodadas de vehículos (facilitan a concentración da auga).
  • Reducir a contaminación industrial, mediante a minimización e tratamento de emisións, efluentes e residuos sólidos. Xestionar correctamente os residuos urbanos.
  • Se tes que retirar solo do seu emprazamento (por actividades mineiras, industriais ou de urbanismo, conservalo para empregalo en tarefas de restauración.


Fontes:

http://www.ciudadciencia.es/doc/files/comic/COMIC%20castellano%20WEB_ok.pdf

https://www.fao.org/sustainable-development-goals/news/detail-news/es/c/277124/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/06/03/suelo-galiciabr-/00031433102084050182403.htm

https://www.bioecoactual.com/2015/10/26/el-suelo-un-tesoro-maltratado-bajo-nuestros-pies/

http://www.suelos2015.es/sites/default/files/pdf-materiales/tablero_juego_suelo_csic.jpg

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Contaminación solos, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta