Un arma de dobre fío

 

portada-mascarilla-playa

Normalmente todos tendemos a pensar que os produtos que preveñen enfermidades son un escudo para nós, pero nunca os vemos como a espada que se nos crava unha vez se estenden.

Introdución

Os produtos de plástico como toallitas, mascarillas e luvas, duran décadas sen descompoñerse e dificultan a prosperación do ecosistema.

De seguro, moitas veces das que foches dar un paseo encontrácheste mascarillas polo chan, e cada vez é máis habitual debido a que se converteron en algo necesario e obrigatorio.

Ademáis, ao ter que cambialas cada poucas horas engádese o feito de ser para usar e tirar, incrementando as unidades das mesmas. O encargado principal da campaña de residuos de Greenpeace comentou nunha entrevista que se o ritmo de consumo das mascarillas segue coma o ano pasado, podería causar o depósito de máis de 1.300 toneladas de plástico no medio ambiente.

Todo este tipo de produtos están fabricadas con fibras de plástico, sobre todo de polipropileno, que é un material empregado en papelería, contenedores, altavoces etc. Estas fibras tardan décadas en fragmentarse e desaparecer lentamente a medida que se fan máis pequenos cada vez. De feito, según un estudo da revista Environmental Advances, unha sola mascarilla expulsa 173.000 microfibras no mar cada día.

Consecuencias

Moitas aves como os cisnes e as gaivotas poden quedar atrapadas rápidamente coas cordas das mascarillas. E xunto a isto, engadir que nos océanos os delfins e as tartarugas mariñas tenden a confundir as lubas con medusas, polo que as tragan frecuentente e acaban morrendo por asfixia. Como evitalo?

descargaE isto tamén nos afecta a nós? Efectivamente, polo simple feito de que estos materiais que caen ao mar, descompóñense en partículas diminutas e posteriormente os peixes inxírenas finalmente no noso estómago.

Se en lugar de caer no mar, as partículas son depositadas na terra, fíltranse na capa freática (que é a primeira capa de agua subterránea na terra) e acaban chegando ao auga potable que tomamos.

Ademáis, a Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) informou nun estudo publicado recentemente, que o incremento de produtos como mascarilla e luvas, favoreceron o aumento do efecto invernadoiro, ao igual que outras emisións e lixo que prexudican o ecosistema e contribúen á contaminación e á crise climática que estamos a vivir.

Como podemos diminuir este problema?

Para tentar reducir esta desastrosa situación, os integrantes da organización Greenpeace pretenden instalar sistemas para depositar mascarillas xa utilizadas. Trátase de contenedores nos que ao deixar a mascarilla, devólveche unha axuda económica para compensar o prezo da mesma. É importante a xestión dos nosos residuos.

Outras ideas propostas foron o emprego de mascarillas máis ecolóxicas, así como o aproveitamento destas. Como exemplo deste ecoloxismo temos a fabricación de combustible extraído do material degradado dalgunhas mascarillas ou os novos deseños biodegradables con materiais de orixe natural.

Por último, queda mencionar que a directora do Programa De Sostenibilidade Ambiental da Saúde da Universidad de Yale, insistiu en usar mascarillas reciclables e evitar as lubas dun único uso. Considera que a xente tería que portar cobrebocas reutilizables, lavalos e desinfectalos diariamente, sendo innecesario a utilización de luvas dun uso.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Contaminación, Contaminación océanos, Contaminación ríos, Contaminación solos, Educación ambiental, Medioambiente, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta