Tectónica de placas

A litosfera está dividida en placas de diferentes dimensións, xa que compórtase coma unha capa ríxida, fragmentándose con facilidade ante calquera esforzo tectónico. As placas litosféricas están compostas polo manto superior e a codia terrestre, tanto oceánica coma continental. Estas seccións da litosfera móvense unhas contra outras sobre o manto, formando diferentes fenómenos como sismos ou erupcións volcánicas. Os límites de placas están marcados polas dorsais oceánicas, as fosas e as fallas transformantes.

Existen dous tipos de placas segundo a codia do que estean compostas, estas poden ser:

  • Oceánicas: cuberta por codia oceánica na súa totalidade (Placa Pacífica, Placa de Nazca, etc.)
  • Mixtas: están cubertas por codia continental e codia oceánica (Placa Euroasiática, Placa Norteamericana, etc.) Este tipo de placas é máis abundante cas oceánicas

Existiron moitas teorías para explicar o movemento destas placas, pero todas afirman que  teñen unha orixe térmica. Grazas aos avances tecnolóxicos podemos afirmar que os movementos das placas litosféricas están provocados pola calor do núcleo, que ten como consecuencia que os materiais fundidos do manto se movan de forma convectiva, é dicir, o material quente emerxe e se arrefría para eventualemente baixar de novo ao interior da Terra onde volveráse a quentar para repetir este proceso constantemente.

Cando as placas tectónicas se moven existen tres tipos de situacións:

1. Bordos constructivos ou diverxentes: nestas zonas as placas afástanse unhas de outras, deixando que aflore o material quente procedente do manto. Este fenómeno forma dorsais oceánicas.

2. Bordos destructivos ou converxentes: neste caso, dúas placas achéganse e colisionan. Neste tipo de bordos poden converxer:

Codia oceánica—Codia oceánica: Punto de converxencia no que unha das codias oceánicas introdúcese de novo no manto (subdución); xeralmente a máis antiga,  que ten máis densidade. Ten como resultado diferentes fenómenos magmáticos como poden ser as illas volcánicas. (Illas de Xapón)

Codia continental—Codia continental: Ambos bordos continentais teñen a mesma densidade, polo que ningún subduce cara o interior da Terra, senón que colisionan formando montañas e cadeas montañosas (Himalaya)

Codia oceánica—Codia continental: Neste caso o bordo oceánico sempre subduce, xa que ten maior densidade cá codia continental. Están sometidos a gran compresión e pregamento, creando cordilleiras perioceánicas (Cordilleira dos Andes)

3. Bordos conservativos: as placas móvense horizontalmente en sentidos opostos, creando fricción entre elas. Mediante este proceso fórmanse as fallas transformantes (Falla de San Andrés)


 

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta