Bichos… Que rico!

f.elconfidencial.com_original_e54_d45_f32_e54d45f32114d16e88c6255fffb74007

Introdución:

Os bechos, maioritariamente insectos, aínda que noutros países tamén se consumen arácnidos, son a comida do futuro, á que nos teremos que adaptar debido a que é a máis sostible.

Mercado de insectos

A Unión Europea permite xa vender 3 tipos de insectos comestibles e encóntrase investigando 10 máis. Como era de esperar, están xurdindo novas formas de mediar co cambio climático, e esta é unha, ao ser un método de inxerir proteínas moi sostible. Comérciase con eles en forma de fariñas e complementos alimenticios para personas que fan deporte.

Xa fai unha década dende que a FAO (Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) recomenda comer estes bechos, e por cuestións culturais, máis de 2.000 millóns de persoas xa o soen facer. Para que no noso país sexa legal o tráfico destes alimentos, fai falla a aprobación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), antes de 2018 podíanse vender libremente. Debido a que este tipo de gastronomía crece e seguirá medrando durante os próximos anos, xa hai negocios que pretenden facer este gran cambio.

Ata agora, as especies permitidas para o consumo pola EFSA son:descarga

  • O grilo doméstico.
  • A langosta migratoria.
  • O verme da fariña.

É moi probable que moi cedo tamén se dé o comercio do escarabello da fariña, a langosta do deserto, a abella europea, a mosca soldado negra e o grilo indio.

Estudos realizados

Burocráticamente aínda se está comezando con estes asuntos, pero xa fai moito que se leva investigando científicamente estes bichos. De feito, según a profesora Diana Martín, estes insectos dos que se trata, teñen moita proteína (máis que a carne e outros alimentos) e graxas saudables; micronutrintes, vitaminas e minerais.

Ao estudar estes animais e os nutrintes que aportaban, tamén se descubriu que axudan na redución e absorción das graxas; co cal, será posible nuns anos ter á venta pastillas de adelgazamento con estes produtos? Dende o CSIC pensan que si.

A nosa cultura non acostuma a consumir este tipo de alimentos, e por iso só un 19% da población española se atrevería a comer bichos. Según un estudo, os máis abertos a esta gastronomía son os mozos. Aínda así, pouco a pouco irase integrando estas comidas mediante produtos secundarios como barritas, ata chegar a velos con normalidade.

Negocios

Exemplos de negocios que se dedican a esto en España de momento hai poucos e soen ser por internet, como Trillions, Insectum (este tamén ten unha tenda física en Valencia), La Boquería… Xa existen bastantes aficionados á cociña con insectos (ata se crearon libros), e na súa maioría, débese a que saben que é a gastronomía do futuro, xa que é moi sostible económica e medioambientalmente.

Redución de auga e fertilizantes

A sostenibilidade é esencial. A clara evidencia de que son máis eficaces na produción de alimento é que os insectos necesitan, de media, 2kg de pienso para conseguir 1kg de carne, e as vacas, por exemplo, necesitan 8kg para facer o mesmo.

A utilización de agua para nutrir a estes bichos é baixa comparada con outros animais, e os seus refugallos funcionan ben para fertilizar (chámaselle “frass” a estes residuos).

Andrés García fundou a empresa Origen Farms, que é unha granxa de grilos en Albacete, que chega a producir ata 30 toneladas de alimento nun ano.

En resumo, a comida do futuro xa está en camiño, así que xa sabes! Adáptate!!


 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta