ATMOSFERA EN SHOCK

A atmosfera do noso planeta, composta por un conxunto de gases (nitróxeno, osíxeno, argon e dióxido de carbono), protexe aos seres vivos da radiación solar ultravioleta na capa de ozono. Todos os seres vivos que se atopan na Terra precisan aire para poder vivir. Neste proceso, o ser vivo toma o osíxeno da auga ou do aire e se realiza un intercambio de gases; primeiro tomamos osíxeno e despois expulsamos dióxido de carbono. Sen a atmosfera non habería vida na Terra polo que podemos dicir que é sumamente imprescindible.

Na Terra hai 7,7 miles de millóns de persoas e todos expulsamos grandes cantidades de CO2 pero, somos os únicos? Non, non o somos. As persoas no noso día a día liberamos cantidades e cantidades de CO2 pero, as maiores fontes de emisións de CO2 proceden da combustión de petróleo, carbono e gases das centrais eléctricas, automóbiles e instalacións industriais.

Para poder xerar enerxía e poder empregar os diferentes transportes é necesaria a combustión de combustibles fósiles. Para producir e distribuír papel, (accións que se levan a cabo nas fábricas de papel), é necesaria a implicación de sobreexposición de recursos naturais que son  nocivos para a natureza. Segundo estudos realizados, por cada quilo de papel producido, emítense entorno a 3.3 kg de CO2.

  • Como actúa no medio ambiente?

Unha concentración demasiado alta de CO2 provoca unha redución da fotosíntese nalgunhas plantas e reduce a calidade nutricional de alimentos básicos como o trigo.

O CO2 contribúe ao efecto invernadoiro, e dicir, absorbe a maior parte da radiación solar ultravioleta e á acumula na superficie terrestre. Este gas, xunto con outros, únense e van formando un manto moito máis denso quentando así a Terra dando lugar ao coñecido, quecemento global.

  • Como afecta ás persoas?

Respirar altas concentracións de dióxido de carbono de maneira prolongada pode xerar, hipercapnia, asfixia, convulsión e perdida da consciencia. Tamén pode afectar ao corazón, reducindo a súa forza de contracción producindo así, síntomas cardiovasculares.

  • Como afecta á fauna do noso planeta?

Segundo un estudo, que se publicou na revista Nature, os niveis de CO2 nos océanos fan que os peixes perdan case a metade do sentido olfactivo. As cunchas dos caracois tamén son prexudicadas devido ao elevado Ph do océano. Os científicos déronse conta de que, o fenómeno coñecido como acidificación oceánica, facía que as súas cunchas se desintegraran.

 

  • Consellos para reducir as emisións de CO2

             Reducir o uso do coche privado. Podemos compartir transporte entre varias persoas ou empregar o transporte público.

              Consumir enerxía renovable por exemplo, con paneis solares.

              Seguir unha dieta baixa en carbono; este tipo de dietas refírense á elección de estilos de vida relacionados co consumo de alimentos para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro resultantes.

              Converterse nun consumidor sostible.

 

Fontes de información: EPA e Salud Geoambiental.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Contaminación, Contaminación aire e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta