DIVERSIDADE NA TERRA

Que é un bioma?

A palabra bioma é bastante pouco coñecida, que non se adoita usar, sen embargo, o seu significado refírese a algo habitual que temos en moitos sitios do noso planeta. Tamén é coñecido como paisaxe bioclimático ou área biótica. Pois ben, un bioma é un conxunto de ecosistemas característico dunha zona determinada, destaca pola súa vexetación e especies animais que comparten unha serie de características e unhas condicións ambientais específicas como o clima. 

Segundo as características principais dun clima, como latitude e altitude, temperatura e precipitacións, a biosfera está dividida en biomas, onde certas especies teñen algo en común.

A gran clasificación de biomas é entre terrestres e acuáticos. Dentro destas clasificacións hai máis tipos de biomas, e pódense clasificar segundo a súa vexetación. 

Tipos de biomas.

Biomas terrestres:

Tundra: sitúase maiormente pola zona do círculo polar ártico. O seu clima é frío e as súas temperaturas e probabilidade de precipitacións son baixas. Nas tundras poden atoparse musgos, plantas leñosas, mamíferos grandes, aves migratorias…

Taiga: atópase maiormente no hemisferio norte. Climas tamén fríos e as precipitacións moi escasas. É unha das maiores zonas forestais do mundo, na vexetación destacan as coníferas e os arbustos, e de animais, principalmente os osos, xa que invernan en estacións frías.

Bosques caducifolios: o seu clima tamén é frío, pero o solo, grazas a todas as follas das árbores que caen no outono, é moi rico na materia orgánica. E nestos biomas atópanse principalmente as árbores caducifolias e unha gran variedade de fauna.

Estepas, pradeiras e pampas: son un mesmo bioma pero dependendo de donde se atopa teñen un nome. Destacan as gramíneas, herbas perennes, e en animais, os que se adapten a estas condicións, como por exemplo, as que son migratorias.

Bosques mediterráneos: hai tanto épocas de calor como épocas de frío, e como hai sequías importantes, a vexetación ten que ser resistente a elas, como por exemplo, os alcornoques, arbustos; e na fauna, principalmente a que non é migratoria.

Selva tropical: é o bioma que ten maior biodiversidade, ten temperaturas altas e moitas precipitacións. Aquí atópanse as enredadeiras, as palmeiras, os insectos, réptiles…

Deserto: ten poucas precipitacións e moita erosión debido ó vento, isto dificulta a vida aí, e as especies que poden habitar no deserto, son as que poden soportar estas condicións, como os cactos pero atópanse moi repartidas.

Logo estarían os biomas acuáticos, que son os máis grandes xa que engloban a todos os océanos, que se dividen en biomas mariños(agua salada) e biomas dulceacuícolas (agua dulce).

Moitas veces confundímonos e creemos que un bioma é o mesmo que un ecosistema, unha ecozona ou un hábitat, e teñen certa relación, pero non é o mesmo.

Ecozonaextensión bioxeográfica basada na distribución das plantas e animais. 

Hábitat: zonas onde vive unha especie determinada.

Ecosistemas: o ecosistema é un conxunto de especies dun lugar determinado onde se relacionan entre elas. O bioma está formado por ecosistemas.

Os biomas permiten a evolución da biodiversidade, ademais de que as especies son moi importantes para a vida do noso planeta, xa que por exemplo, reducen o efecto invernadoiro. Por iso é importante que coidemos o planeta, xa que si actuamos de mala forma, moitos dos seres vivos acabaran morrendo, dificultando así a vida no planeta.


Fontes: Wikipedia, Ciencia y Biología, Ecología Verde.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta