As plantas nucleares ou tamén coñecidas como centrais nucleares, son grandes edificacións que producen enerxía limpa. Todos cremos que a enerxía nucelar deteriora o medio ambiente, pois non é así; a produción de enerxía non contamina, son os residuos os que deterioran a capa de ozono.
Cómo funciona unha planta nuclear?
Pois moi fácil, nos reactores introdúcese o combustible (isótopos de uranio), este se sitúa baixo as piscinas nucleares e quenta a auga. O vapor da auga elévase e move unha turbina que transforma a enerxía mecánica en enerxía eléctrica.
Cómo se quenta a auga?
Os isótopos de uranio son bombardeados con partículas subatómicas para que polo menos, un deles, perfore o núcleo. O átomo vólvese inestable e crea unha reacción en cadea que quenta a auga e convértea en vapor. Hai xente que pensa que as centrais nucleares son perigosas para as persoas, pero só o son se a cantidade de núcleos de uranios que explosionan é incontrolable, para isto, nas piscinas introdúcense tubos de boro para restrinxir a reacción.
Os residuos nucleares son producidos nas centrales nucleares, máis especificamente dos restos do combustible empregado. Estos restos son contaminantes e perigosos e son enterrados en cementerios nucleares.
Cales son as consecuencias dos residuos radioactivos?
- Contaminación das augas
- Contaminación da terra (vólvea infértil e empobrécea durante un longo período de tempo)
- Alteración da fauna e da cadea trófica (os herbívoros consumen as plantas contaminadas e os carnívoros comen a carne contaminada dos herbívoros)
- Contaminación de alimentos (para fin de consumo humano)
- Mutacións xenéticas