SOL OU LÚA? A CALIMA FAINOS DUDAR

O Sol, difícil de distinguir da Lúa pola calima.

A calixe ou néboa dos últimos días, ‘calima’ en castelán, é po en suspensión que ven de África e supuxo que España se convertira no país máis contaminado do mundo esta semana, segundo a experta en meteoroloxía, Yurima Celdrán. A calixe provoca que o ceo teña un aspecto opaco e se vexa entre amarelo, alaranxado, dependendo da zona.

O ceo tínguese de laranxa.

Este ano, segundo a Asociación de Geógrafos Españois (AGE), tratouse dunha chegada de polvo sahariano que facía décadas que non era rexistrado.

As consecuencias deste efecto están relacionadas coa propia saúde das persoas. Estas partículas suspendidas no aire poden provocar tos, irritación ou picor nos ollos, por iso os expertos recomendaban levar a máscara incluso no exterior, para protexernos. Ademáis, esta néboa tan éxotica trae consigo materiais contaminantes, polen ou fungos que proveñen do norte de África. Tamén provoca que os eventos meteorolóxicos sexan máis frecuentes e extremos e un baixo rendimento na agricultura xa que se perde tecido vexetal e increméntase a erosión do chan. Pero a pesar disto, ten consecuencias positivas contra o cambio climático, xa que enriquece as augas, alimentando aos ecosistemas dos fondos mariños aportándolles así fósforo, potasio e calcio.


A calixe deixounos unha mala visión da paisaxe do noso arredor, todo parecía laranxa e víase turbio, e ata era difícil distinguir o Sol da Lúa! Pero tamén puidemos ver paisaxes moi bonitas, os amenceres e atardeceres destes días víanse con cores moi vivas.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Contaminación aire, Mediciña e saúde, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta