O PREZO DA FERMOSURA

O uso de cosméticos é algo usual e diario na nosa vida, un español usa de media 7 produtos de beleza ao día, según datos da Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética (Stanpa). Pero parámonos a pensar como estamos incidindo no medio ambiente?

No ano 2016 a industria dos cosméticos recaudou 293.500 millóns de dólares e tense estimado que en 2023 recaude 800.000 millóns, o nivel de ganancias seguirá subindo co paso do tempo. España atópase no quinto posto no mercado da cosmética de Europa.

Onde podemos atopar estos elementos contaminantes e cales son?

  • Materias primas: Normalmente os aceites e conservantes que se empregan veñen do mundo petroquímico. Tamén moitos dos productos conteñen polímeros plásticos, vese claramente nas esferas de cor azul das pastas de dentes ou nas cremas exfoliantes. O plástico, como xa sabemos, non é biodegradable e permanece no medio ambiente por moito tempo. Os microplásticos das pastas de dentes e exfoliantes son demasiado pequenos como para que unha depuradora poda filtralos e acaban irrevocablemente no mar, onde pasan a formar parte da cadena alimenticia dos animais mariños.
  • Pegada de carbono: A maioría de materias primas deben ser trasladadas dende o seu orixe ata fábricas onde finalmente convértense no produto que usamos. Estas fábricas adoitan estar en China, Estados Unidos ou Europa. Posteriormente, dito produto ten que volver a transportarse ata as tendas que o van a vender. Unha viaxe en avión supón, de media, a emisión de 3,1 toneladas de dióxido de Carbono, coa cantidade de viaxes e produtos que hai prodúcese unha contaminación da atmosfera considerable. Cabe destacar que a maioría de empresas de cosméticos prefiren traballar os seus produtos en China debido ao baixo prezo e as leves restricións en canto botar os elementos químicos sobrantes ao medio ambiente. Cómpre mercar produtos feitos cerca do lugar no que vivimos.
  • Envoltorio: Como é de esperar, a maioría de produtos están envasados en plástico debido as vantaxas que este material aporta. O peor é que a maioría dos produtos son de un tamaño pequeno polo que se esgotan rapidamente e hai que comprar outro en cuestión de semanas, esto deriva nunha significable contaminación do medio ambiente. Os elementos desmaquillantes; como os bastoncillos, os algodóns, os discos, ou os cepillos adoitan ser de usar e tirar. Deberíamos mercar material reutilizable, hai moitas toalliñas e bastoncillos que se poden lavar para reusar todas as veces que queiramos. Tamén existen cepillos de bambú que despois de gastalos pódense reutilizar para outros fines. Algunhas empresas utilizan envases máis ecofriendly pero desgraciadamente os prezos neses casos aumenta, polo que a xente adoita preferir os que custan menos.
  • Parabenos: Son materiales que se empregan para evitar que nos produtos proliferen hongos, bacterias, levaduras,… Teñen un precio moi baixo e podemos atopalos en champús, locións, desodorantes, cremas e tamén no sector alimenticio e farmacéutico. Sospéitase que poden alterar o equilibrio hormonal do organismo, esta acción chámase disruptura endocrina. Tamén tense constancia da súa presencia en aguas mariñas, o cal dana notablemente os ecosistemas. Non se coñecen demasiado ben os riscos pero o seu uso está regulado a un máximo de 8 gramos de parabenos por kilogramo de produto.
  • Triclosán: A súa función é a de axente desinfectante. Non se recomenda o seu uso xa que ten consecuencias devastadoras no medio acuático e favorece a inflamación do colon, o cáncer colorrectal e perturba a microbiota intestinal. Está presente en pastas de dentes, xabóns de mans, corporales e xeles de ducha, desodorantes,…A SCCS e a OCU non permiten que esté presente máis dun 0,3% en determinados producos.
  • Oxibenzona e octinoxato: Están presentes nas cremas solares e sospéitase que son devastadores cos arrecifes de coral e a fauna marina. En Hawai está prohibido o seu uso igual que nalgunhas praias de Europa, Australia, Xapón e China. Aínda que ofrece una protección eficaz contra a radiación UV, meterse á auga sen ter a crema completamente seca contamina o medio mariño.
  • Siliconas: Emprégase en productos capilares e faciales xa que axuda a reter a hidratación, absorver a graxa e aportar cuerpo, pero non permiten que o poro respire e algún tipos teñen unha alta toxicidade no medio mariño. Nos productos pode ter unha concentración máxima de 0,1%.
  • Aceite de Palma: Ten coñecidos efectos nocivos na saúde polo que a súa presenza en cocinas e despensas baixou significativamente. Non obstante aínda que o contacto coa pel ao estar presente en bases de maquillaxe e cremas non é tóxico, o problema está na forma de extraelo.  En Malasia e Indonesia dase o 80% da súa produción polo que os bosques e selvas están sendo deforestados e quemados e a biodiversidade de alí estase vendo masacrada.
  • Crueldade animal: Moitas marcas experimentan cos seus produtos en animais provocándolles problemas e incluso a morte cando hoxe en día existen alternativas tecnolóxicas para ditas probas. Tamén pode darse a crueldade animal cando se empregan partes de animais na receta do produto, por exemplo o tendón ou ligamento de vaca, carmín feito de cochinilla triturada,… Para “resolver” este problema podemos usar produtos veganos xa que estos non teñen ninguna relación cos animais tanto na fórmula como no resultado.

Todo isto parece unha locura pero en realidad non é tan difícil  facer un consumo responsable e respetuoso co medio ambiente mentres luces incrible e fermosa. En primer lugar hai que deixar de comprar impulsivamente e acumular maquillaxe que non vamos a usar nunca. Cando realmente teñas a necesidade de mercar algo, investiga sobre a política medioambiental da empresa, os ingredientes que usan, a proximidade do produto, o envasado,… Cada un pode aportar o seu gran de area ata que todos consigamos consumir productos cosméticos de maneira responsable.

Algunhas marcas que respetan o medio ambiente son: L’OCCITANE, Caudalie, Weleda, Lush, Yves Rocher, The Body Shop, Nuxe Bio, Cattier, Mádara, Natura Siberica, MI Rebotica,…


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Contaminación, Contaminación aire, Contaminación océanos, Contaminación ríos, Contaminación solos, Mediciña e saúde, Medioambiente, Sen categorizar e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta