A escaseza de chuvia, as abundantes nubes con distintas temperaturas con contrastes durante o día e a noite, a radiación solar e outras causas son a razón pola cal a flora cren que a primavera xa chegou pero aínda quedan uns días ata que comece.
Durante os últimos trinta anos cada vez chove algo menos, o cal é un problema porque fai que as plantas broten antes de tempo. Estase a investigar que a causa dos invernos suaves son provocados polo quecemento global.
Esta falta de precipitacións provoca un adianto na primavera entre 1,2 e 2,2 días por década.
Hai varios investigadores que teñen a súa propia hipótesis pero que son similares, como que canto menos chove é obvio que hai menor nubosidade, o que fai que o sol aparezca moitos días durante moitas horas, e o desequilibrio das altas temperaturas polo día e as baixas pola noite, xúntase un cúmulo de frío que causan o brote das follas. Tamén, que as friaxes e as poucas precipitacións con contrastes algo fortes, fan que a primavera se adiante.
Para aclarar exactamente o motivo deste adiantamento da primavera, varios científicos realizaron probas. Mediron os fluxos do carbono da vexetación, xa que as plantas pola mañá, cando o sol comeza a aparecer e van realizando a fotosíntese, cambian os fluxos de carbono e iso fíxose comprobar aos investigadores a gran escala os cambios da cor verde da vexetación.