Levamos semanas sumidos no horror dunha guerra provocada pola invasión Rusa a Ucraína. As imaxes de morte e destrución suman horas nos noticieiros e acompañan as nosas conciencias diariamente.
E ante un feito destas dimensións é preciso plantexarnos causas e para o tema que nos ocupa, sobre todo as consecuencias e posibles solucións.
Sen ser unha analista política, non é difícil decatarse que todas as invasións teñen como trasfondo cuestións económicas e xeopolíticas.
E as consecuencias máis directas e terroríficas son sobre a poboación ucraína que ten que sofrir o seu horror combatendo, recibindo ataques sobre hospitais, infraestruturas varias, poboación civil … con pánico a morrer e acompañados permanentemente pola música de fondo dos bomardeos ou as sereas.
Pero as consecuencias non só se circunscriben a esa área xeográfica, senón que o seu alcance (non tanto humanitario pero sí económico) é mundial.
Comezamos a sentir o encarecemento de certos productos de alimentación, incluso o desabastecemento.
O prezo do petróleo e o do gas non para de medrar o que frea o desenvolvemento económico do país tanto desde a perspectiva empresarial pois moitas empresas deixan de ser competitivas (esencialmente transportes ou pesca pero a case totalidade ven comprometida a súa supervivencia), pero tamén para as familias que co mesmo salario teñen que afrontar uns sobrecustos en moitos casos imposibles de asumir.
E mentres temos que buscar de xeito inmediato como atenuar os efectos máis atroces para a poboación ucraina, tamén teremos que adicar grandes esforzos para desfacernos da dependencia enerxética. E para logralo, é imprescindible apostar polas renovables ou como expuso Von der Leyen “reenerxizar a Unión Europea” buscando acelerar o Pacto Verde Europeo que será importante para a inversión estratéxica da independencia, e tamén para a industria e o planeta”.
E dentro das renovables, o enxeneiro Mark Jacobson, da Universidade de Stanford, valorounas segundo a súa pegada ecológica, o seu impacto sobre o quecemento global terrestre e os seus beneficios para a saude humana e elaborou o seguinte ranking:
1º Enerxía eólica É a máis madura e eficiente.
Obtense a través do vento ao convertir o movimento das palas dun aeroxenerador en enerxía eléctrica.
O maior productor de enerxía eólica do mundo é Estados Unidos, seguido de Alemania, China, India e España.
Tamén coñecida como CSP é un tipo de enerxía solar térmica que utiliza espellos ou lentes para concentrar unha gran cantidade de luz solar sobre unha superficie pequena. A enerxía eléctrica é producida cando a luz concentrada se converte en calor, que impulsa un motor térmico (usualmente unha turbina de vapor) conectado a un xerador de electricidade.
A calefacción xeotérmica funciona debido aos recursos de calor natural da tierra. O chan absorbe aredor do 50% da enerxía do sol e esta acumúlase naturalmente nas tuberías subterráneas podéndose aproveitar para quentar vivendas, edificios, industrias e locais.
Os seguintes postos serían ocupados pola enerxía mareomotriz, os paneles solares fotovoltaicos e, en sexta posición, a energía das ondas ou undimotriz.