MOITO MÁIS (E MELLOR) QUE MOLESTOS

 

 

 

 

 

Está documentado un descenso aproximado dun 2% anual na poboación mundial de insectos (multiplica por 8 a velocidade de desaparición de mamíferos, reptís ou aves). O que puidera parecer una noticia insignificante e incluso festiva para o conxunto da poboación que ve aos insectos como animais molestos ou pragas a eliminar, é pola contra una nova alarmante que puidera conducir a un colapso medioambiental a curto prazo.

Porque os insectos son o corazón da cadea alimentaria, manteñen ó solo saudable e polinizan a maioiría das plantas.

Considérase que, ao ritmo de destrución da poboación de insectos actual, en menos de 100 anos, chegaríase á extinción, e con eles a vida humana que só podería sobrevivilos uns meses despois.

As primeiras sinais de alarma sobre a diminución dos insectos viñeron da agricultura. As abellas, encargadas de polinizar moitos cultivos empezaron a diminuír considerablemente, e en 2005 houbo problemas coa produción das plantacións de améndoas de California. A partir dese momento levantouse a voz e comezaron a realizarse estudos para investigar qué estaba pasando.

As causas  desta desaparición son fundamentalmente tres:plaguicida

  • A agricultura intensiva en dous frontes: polo emprego de pesticidas, fertilizantes e pola destrución do de hábital natural
  • O cambio climático: ascenso das temperaturas
  • A presión humana que redunda (igual que a agricultura intensiva) na destrución do hábitat dos insectos, ainda que tamén cobra forza a importancia da contaminación lumínica.


As medidas que se pudieran adoptar para intentar ralentizar ou revertir este proceso, (que no estudio conxunto de 2019 das Universidades de Sidney, Queensland e a Academia de Ciencias Agrícolas de China, publicado na revista académica Biológical Conservation, falaba do inicio da sexta onda de extinción de especies sendo a anterior nos periodos pérmico e cretáceo hai 252 millóns de ano), e que se confirma nas conclusións do estudo de 2022 da University College de London), pasarían por:

  • Cambio na forma de produción dos alimentos. Deberían eliminarse certos praguicidas como o neonicotinodes ou o fipronil que se empregan de xeito rutinario e quedan no medioambiente esterilizando a terra de larvas e repercutindo tamén en reservas naturias próximas, e substituirse por prácticas máis sustentables.
  • Accións para preservar os hábitats naturais ou seminaturais (ou a súa restauración) mediante por exemplo a prantación de árboles autóctonas.
  • Redución de emisións para frear ou mitigar o cambio climático

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Contaminación, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta