Nadaremos máis limpos

depuradora

Como xa case todos sabedes, un dos grandes problemas hoxe en día son os microplásticos, xa que polo seu pequeno tamaño acaban xuntándose coa auga que remata no mar ou nos ríos. Por iso, actualmente hai moitos estudos e proxectos sobre este problema.

Por que pasa isto?

O motivo deste problema é a falta de avances tecnolóxicos para poder extraer auga sen plásticos das depuradoras, co cal, estas partículas tan perxudiciais non se filtran.

O obxectivo dos encargados da creación de tecnoloxía que traballa nisto é conseguir limpar correctamente os microplásticos e nanoplásticos das augas residuais e os seus redores para lograr a súa posterior reutilización no ambiente urbano e no agrícola. Polo momento, as estacións de depuradoras de auga aínda non están preparadas para facelo.

Posibles solucións

  1. Proxecto Prevenplast

Actualmente en España, a entidade chamada Aimplas (Instituto Tecnolóxico do Plástico), está en proceso de desenvolver un novo método de depuración con membranas de ultrafiltración para previr e expulsar os microplásticos da auga filtrada.

descarga (1)

Para investigar sobre este método, Aimplas encárgase de realizar probas e experimentar coa depuración mediante as mencionadas membranas, xunto con procesos de dixestión anaerobia (proceso no que microorganismos descompoñen material orgánico sen presenza de osíxeno) a escala piloto (que é unha escala reducida). Con isto, obtense uns resultados un 99% efectivos. A Axencia Valenciana da Innovación financia esta experimentación.

Este proxecto tamén servirá para anticiparse a posibles sancións legais nuns anos, debido á preocupación da sanidade. Os implicados nisto, buscan unha estabilidade a longo prazo; non só queren minimizar a xeración de plásticos, senón tamén recuperar os mesmos, e así preocuparse tamén polo técnico, económico e ambiental.

Como consecuencia, haberá un gran cambio nos sectores do tratamento de augas, modificación de plásticos… 

Por último, mencionar que tamén están implicados neste proxecto empresas coma UV, IIAMA, UPV, Global Omnium…

    2. Bioreact

Este método alternativo trátase do reciclado de residuos que posúan base de polímeros de amidón na súa maioría. En xeral, estes residuos úsanse na agricultura (acolchados, bolsas…). 

Hoxe en día non se reciclan e úsanse como compostaxe despois de cumplir a súa función, pero estase traballando na súa transformación en ácido láctico, co que se pode crear ácido poliláctico (PLA) e así obter produtos escasos e de alto valor dunha maneira diferente ao acostumado.

Moi cedo teremos diversas formas de eliminar os plásticos da auga, só hai que esperar!

Aquí tedes un vídeo da actual depuración das augas residuais:


Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación océanos, Contaminación ríos, Mediciña e saúde, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta