EN NÚMEROS VERMELLOS

overshoot-day-1140x600

O pasado xoves, 12 de maio, esgotáronse os recursos naturais en España que estaban previstos para empregar en 2022. Isto supón estar en números vermellos falando ecolóxicamente. Segundo o informe da Red de Huella Global, este día produciuse a sobrecapacidade da Terra en España.

O WWF indica neste informe que se precisarían 2,8 planetas para conlevar a demanda de recursos naturais ao acabalos antes de mediados de maio. O ritmo de consumo dun español medio produciu un déficit de -2,8 hectáreas globais por persoa (hag). A biocapacidade por persoa debería estar arredor de 1,5 hag, pero en España preséntase unha pegada ecolóxica de 4,3 hag. Isto significa que o noso país esgotou o seu gpresuposto ecolóxico anual no quinto mes, xa gastou máis recursos naturais dos que a Terra é capaz de volver a producir nun ano.

Día do déficit ecolóxico por países.

Día do déficit ecolóxico por países.

WWF fai culpable deste déficit ao modelo actual de consumo e produción, que á vez é unha das principais causas da crisis climática e da destrución da diversidade sen precedentes. Por estas razóns, a organización pide que se promova urxentemente un plan de recuperación económica sostible e unha redución da pegada ecolóxica da humanidade, así coma unha toma de decisións políticas para retrasar este día da sobrecapacidade. Nos derradeiros anos este día foise adiantando: no 2021 tivo lugar o 25 de maio, en 2020, tal día non chegou ata o 27 de maio, mentres que en 2019 foi o 29 de maio e en 2018, o 11 de xuño. Esto demostra que a presión ecolóxica sobre o seu territorio non deixa de medrar dun ano para outro, e é previsible que este día se siga adiantando.

Día do déficit ecolóxio no mundo.

Día do déficit ecolóxio no mundo.

Se analizamos a Terra no seu conxunto, un informe da Red de Huella Global, amosa que todo comezou a ir mal en 1970, cando o día de sobrecapacidade foi o 30 de decembro, pero ao ano seguinte xa foi o 20 dese mesmo mes, e en 1972 adiantouse ao 20 de novembro.

Isto demostra que España é un dos países que menos tarda en esgotar os seus recursos naturais. Na cabeceira da lista dos que antes esgotan os recursos están países coma Qatar, Estados Unidos, Canadá e Australia.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.