HERBÍVOROS COMO FORMA DE VIDA

Dende a prehistoria o ser human alimentábase dos animais que cazaba e dos frutos que recolectaba, hai incluso persoas que din que a dieta paleolítica é a máis adecuada para os tempos que corren. Máis hoxe en día existen persoas que deciden quitar a carne das súas vidas e alimentarse unicamente do que ofrece a nai natureza. Pero é realmente bo ser vexetariano?

Hai moitas formas de ser vexetariano; hai persoas que o fan como forma de vida, sen consumir ningún artículo que dane os animas; persoas que non comen carne pero si peixe; persoas que non toman nada de orixe animal salvo o mel,… Normalmente as razóns para facerse vexetariano varían dende saúde, niveis espirituais e o coidado do medio ambiente.

A gandaría intensiva caracterízase por querer aumentar a producción minimizando os costes. Debido a esto libéranse moitas emisións de carbono a atmosfera: en España libéranse unhas 70 millóns de toneladas de CO2 ao ano e globalmente o porcentaxe de emisións de CO2 polo sector gandeiro é maior ao liberado polo transporte. Unha parte das emisións débese as flatulencias soltadas polos animales nas granxas. Na última década o número de animais cuadriplicouse mentres que o espazo no que habitan non variou.

Outro factor que hai que ter en conta a hora de cambiar a nosa dieta é o uso da auga. Para producir un kilo de carne de vaca precísanse 15.000 litros de auga, en cambio para obter un kilo de trigo empréganse 1.500 litros. Esto débese a que os animais precisan de toda esa auga durante a súa vida. A pesar disto existen artículos que rebaten estos datos xa que afirman que o 90% da auga invertida no crecemento dos animais é auga verde (procedente das chuvias).

Outro tema relacionado coas augas é a eutrofización. Isto é o aporte en exceso de nutrientes inorgánicos como Nitróxeno ou Fósforo a un sistema acuático. Todo isto provoca que algunhas algas proliferen de manera descontrolada, facendo que a luz non chegue a todo o ecosistema polo que moita da vexetación morre, e con ela peces e moluscos.

As causas da eutrofización, relacionadas co tema do que estou falando, son por exemplo o empleo de fertilizantes nitroxenados para os cultivos, que se filtran na terra e chegan ata os ríos ou augas subterráneas; os excrementos dos animais, os cales son ricos en nitróxeno, que mal xestionados poden acabar contaminando augas cercanas. Entre as consecuencias cóntase a pérdida da biodiversidade, a destrucción de ecosistemas acuáticos, a presenza de especies invasoras debido ao cambio das condicións do ecosistema, mala calidade da auga,…

Está previsto que para o 2050 a poboación mundial aumente ata os 9.700 millóns de persoas, isto significa unha necesidade de maior producción de alimento. Hoxe en día máis de dous tercios dos campos de cultivos están ocupados para o consumo animal e o resto para o consumo humano.

Outras cousas negativas de consumir carne son: a deforestación de bosques para producir pienso, o cal está ligado a que moitas familias teñan que ser desprazadas para que se poida explotar o chan no que se atopa as súas casas; coas gandarías industriais moitas granxas familiares perden o seu traballo; o maltrato animal, xa que moitos non chegarán a ver a luz do sol e viven en naves, encerrados e sen espacio para moverse.

Dende o punto de vista da saúde humana os vexetarianos teñen menor risco de sufrir alteracións nos niveis de lípidos e proteínas do sangue así como altos niveles de colesterol, diabetes ou enfermedades cardiovasculares. Isto é debido a que a proteína animal causa esos problemas e os vexetarianos non a consumen.

Tamén teñen un alto nivel de fibra debido as frutas e as verduras, o que favorece a non ter estreñimiento ou problemas do colon, gozan dunha dixestión lixeira. Non teñen risco de inxerir sustancias químicas que se usan na cría dalgúns animais. E por último pero non menos importante, unha dieta a base de vexetais é bastante económica.

Pero non todo son boas noticias, ser vexetariano conta con riscos, en primeiro lugar hai que estar ben informado do tema para poder facer unha dieta adecuada que non desbalance o noso sistema. Precísanse facer mezclas de alimentos de xeito que non falte ningunha vitamina esencial, como por exemplo a B12, a cal é difícil de atopar en vexetais. Outra cousa que os vexetarianos poden botar en falta son os micronutrientes como o ferro, fósforo, magnesio, calcio,… Hai que estar pendentes para poder sumplementar algunha destas vitaminas ou nutrientes en caso necesario.

As dietas veganas reducen o consumo da auga nun 50%, as emisións de gases de efecto invernadoiro e o uso da terra nun 75%. Se todo o mundo adoptara unha dieta vexetariana as emisións de CO2 no proceso de fabricación de comida reduciríase un 63%. A pesar de todo non hai que renunciar totalmente á carne, hai que ser conscientes do dano que se fai ao medio ambiente, e reducindo un pouco á carne das nosas dietas é posible facer un consumo responsable sen privarnos de nada.


 

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.