O LIXO NAS CIDADES

Los residuos no son basura

Un estudo dun equipo de investigación da revista “Nature” estima que o lixo mundial das cidades será o dobre que o actual en 2025 e máis do triplo en 2100, e afirma que este é o contaminante ambiental que máis rapidamente se crea, xa que diariamente xeramos toneladas e toneladas de lixo. Ese artigo sinala que o lixo urbano non parará de crecer, para facernos unha idea, cada cidadán xea ao redor de 500-600kg de residuos ao ano, unhas cifras extremadamente grandes.

O lixo urbano, é un problema do que non se soe falar, só cando ocorre algún desastre ambiental ou certas protestas e manifestacións en referencia aos residuos que se van acumulando nalgunhas zonas dos pobos e cidades ou nos mares e terminan por incomodar á poboación. Segundo un artigo da revista mencionada anteriormente, lonxe de reducirse, o lixo aumentará nos próximos anos, provocando un enorme impacto ambiental.

Aínda que non o pareza, o sector textil e a industria da roupa atópase dentro dos tres maiores contaminantes do mundo, sendo a responsable do 20% das sustancias tóxicas que chegan ao mar.

Algúns países, como é normal, producen máis residuos que outros. O maior problema está nas cidades emerxentes. Vertedoiros como Jiangcungou en China, Sudokwon en Corea ou Bordo Poniente en México parece que compiten por ser os máis grandes do mundo. A zona este de Asia é na actualidade a rexión que presenta o crecemento máis rápido de produción de lixo.

El vertedero de Alicante tendrá que asumir más basura de la Vega Baja al negarse Murcia - Información

En referencia a todo o mencionado anteriormente, e tendo en conta o estudo citado, algunhas accións que poden levar a cabo as institucións públicas e as grandes industrias para reducir o lixo urbano, son:

  • Aumentar as tarifas de xestión dos residuos; en América do norte e Europa veuse que cando as tarifas aumentan, a xeración de lixo decrece.
  • Concienciar a toda a poboación para que non malgaste de forma innecesaria os produtos (facendo alusión á compra masiva) e poder reutilizar ou reciclar como é debido todo o lixo, empregando os contedores específicos para cada tipo de residuo.
  • Aplicar o “ecodeseño” (é dicir, o deseño clásico de produtos e servicios pero tendo en conta o factor ambiental na toma de decisións). Neste sentido, o deseño industrial e os sistemas industriais deberíanse concibir para conservar os materiais e non desperdicialos.
  • Reducir o lixo procedente da alimentación como poden ser algúns envases ou envolturas innecesarias para o produto.

CONTAMINACIÓN POR BASURA, CAUSAS Y EFECTOS DE LA BASURA

E fóra deste estudo, hai diferentes medidas se poden levar a cabo para reducir as grandes cantidades de residuos nos fogares. Algunhas destas accións son:

  • Reducir a compra masiva de roupa, mercando prendas de segunda man e procurando doar a institucións de caridade a roupa que xa non usemos e se atope en bo estado.
  • Converter os restos de alimento en compost, é dicir, en abono para as plantas, xa que este tipo de materia orgánica axuda a que a terra sexa máis fértil.
  • Empregar bolsas de tela para a compra, en lugar de utilizar as de plástico.
  • Reducir o desperdicio alimentario, planificando o que se vai a comer cada semana e comprando as cantidades xustas.
  • Promover o comercio local, consumindo os produtos de proximidade e a compra a granel.
  • Evitar o consumo de auga embotellada en plásticos, cambiando as botellas de plástico por botellas reutilizables ou de vidro.
  • Reducir o emprego de papel, como por exemplo evitando imprimir algúns documentos innecesarios ou empregando panos de tela para os almorzos.A continuación, neste vídeo podemos ver o que acontece cando non se toman as medidas necesarias ante os residuos que se xeran diariamente. Un claro exemplo de que o que hoxe está nas cidades, mañá pode estar no mar e provocar estas grandes acumulacións nos nosos océanos.


Esta entrada foi publicada en Contaminación, Contaminación océanos, Contaminación solos, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta