O XEO QUE NOS AFOGA

Desde fai  xa uns cantos anos, os polos do noso planeta estanse a derreter debido ós diferentes cambios climáticos que se deron co paso do tempo na Terra. O desxeo dos polos ven a significar o derretemento do xeo destas zonas da Terra. Este xeo se converte en auga facendo así, que os océanos e mares aumenten o seu nivel e ao mesmo tempo, este feito fai que certos puntos do planeta desaparezan. Segundo unhas investigacións, desde 1979 ata o verán de 2014, no ártico, o área cuberto por xeo mariño, reduciuse ata un 40%. Na Antártida, os datos tampouco son moi gratificantes. O Totten e o Smith, uns dos seus glaciares, estanse derretendo debido ao aumento da temperatura nos océanos.

En Groenlandia, situada en América do Norte, desde 2021, como resultado do rápido avance do cambio climático, a capa de xeo desta zona perdeu máis masa na tempada de desxeo da que gañou no inverno.

 

Por que se desconxelan os polos do noso planeta? As principais causas polo que se leva acabo o derretemento do xeo de diferentes zonas da Terra son:

  • Emisións de CO2: debido á deforestación, queima dos combustibles fósiles, transporte,… a concentración do dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro na atmosfera, fai que se requente e se fundan os glaciares.
  • Quentamento dos océanos: o 90% da calor terrestre é absorbida polos océanos facendo así que nas zonas máis próximas aos polos e á costa de Alaska, onde se atopan glaciares, se derretan.
  • Actividade humana: desde a revolución industrial, o número de glaciares derretidos aumentou considerablemente.

Como afecta este fenómeno ás persoas?

O derretemento dos glaciares provoca o aumento do nivel do mar, o que a súa vez, incrementa a erosión costeira e eleva as mareas a medida que o quentamento do aire e do mar ocasionan tormentas costeiras como furacáns e tifóns. Isto, para aquelas persoas que residen nestes lugares, é nefasto xa que poden chegar a perder as súas vivendas.

Como afecta ós animais?

O derretemento do xeo polar afecta ás algas que crecen nas capas conxeladas facéndoas menos nutritivas para os animais mariños. Como se perde moita parte da capa de xeo, os animais depredadores perden espazo para cazar, reproducirse e para poder descansar. Xorden tamén cambios na forma na que se mesturan as poboacións. Hai animais que, ao ter un período máis longo sen xeo, están máis tempo illados e así, ten lugar un cambio no cruce de poboacións. Un dos animais que se ve afectado por este fenómeno, atopándose así en perigo de extinción, é o oso polar.

Como afecta ao medio ambiente?

A primeira consecuencia é a subida do nivel do mar. Esta subida xera que costas de cidades como Amsterdam ou Venecia teñan que estar moi pendentes de que non sexan cubertas totalmente de auga. Todas as costas están en perigo si o nivel sube rapidamente e non facemos nada para impedilo. Outra consecuencia é o cambio de salinidade na auga. O xeo mariño non contén sal e, ao derreterse, a auga doce quédase máis na superficie . Debido a isto, as correntes mariñas tamén se verán afectadas causando así cambios no ecosistema mariño, como é o caso do marisco, que con moita auga doce morre,  e no clima, afectando ao modelo de precipitacións que regula a distribución, intensidade e frecuencia das sequías, inundacións e tormentas.

Medidas para frear este suceso na Terra:

  • Reducindo os combustibles fósiles. O Goberno pode axudar moito pero nós, as persoas, tamén somos responsables e con pequenas, pero eficaces accións, podemos facer moito. Un dos exemplos máis claros, é reducir o uso do transporte.
  • Reciclando tamén faremos un bo uso dos materias que cada un de nós temos nas nosas casa sen necesidade de crear outros novos. Para poder obter novos obxectos como as botellas de plástico, é preciso o petróleo, material moi contaminante.
  • Diminuíndo a cantidade de auga que usamos, podemos reducir a cantidade de enerxía que é precisa para tratar ese auga. Aforrando auga axudamos a previr a contaminación e a aforra combustible.
  • Coidando a nosa alimentación. Se reducimos a consumo de carnes vermellas tamén axudamos ao medio ambiente xa que este tipo de carnes contribúen ao quentamento global, a tala das árbores e a diminución dos ríos.

               

 

Fontes de información: Ecología verde e Geoinnova.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta