VERÁN DURANTE TODO O ANO

Hoxe en día estamos vivindo os efectos do cambio climático, debido as accións do ser humano. Un destes efectos, é o quentamento global, causado pola emisión de gases do efecto invernadoiro, un gran exemplo, no ámbito da industria.

A maior parte das persoas din que non pasa nada por que aumenten as temperaturas, xa que sería como un verán durante todo o ano, pero non é só cuestión da calor, esto supón a desaparición de moitas especies, animais, prantas… Un gran exemplo son os arrecifes de corais, que a día de hoxe, o 50% xa desapareceron.

Consecuencias do cambio climático:

  • Aumento da temperatura global.
  • Os océanos quéntanse xa que absorben unha gran parte da calor terrestre.
  • Redución das capas de xeo xa que debido á calor, desfanse.
  • Desxeo.
  • Aumento do nivel do mar, no último século xa aumentou ao redor de 8 polgadas, e a día de hoxe, segue aumentando.
  • Acidificación dos océanos.
  • Fenómenos meterolóxicos extremos, como grandes sequías, choivas torrenciais…

 

Que aumenten as temperaturas é algo moi complexo, e non é o feito de que pasemos máis calor, senón os danos que pode causar na terra. Dende finais do século XIX, sábese que a temperatura da superficie do planeta aumentou 1,18 grados centígrados, pero que a  maior parte deste aumento sucedeu nos últimos 40 anos e tamén temos coñecementos de que dende o ano 2016 ata o ano 2020 foron os anos máis cálidos. 


A Organización Meteorolóxica Mundial(OMM), di que hai un 20% de posibilidades de que aumenten ata o 1,5 grados no 2024, e o Acordo de París de 2015, afirma que o aumento de temperatura non debería pasar do 1,5º C, sen embargo creen que entre 2030 e 2050 superarase. 

Captura

Hai unha media da temperatura terrestre, a cal non é nin moi alta nin moi baixa, e debemos coidar o noso planeta para que esta media siga sendo así, e non nos cause graves problemas, porque unha vez que ocorren, non hai volta atrás.


Páxinas: NASA, Sostenibilidad, Ecología Verde.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Contaminación, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta