A EXTINCIÓN DA VIDA

 

As abellas son uns animais moi importantes para a vida humana e o ciclo da vida en xeral. Son imprescindibles para a vida do ser humano, tanto de maneira directa como indirecta, e grazas a elas, dáse o 70% da agricultura mundial, transportando o polen dun lado para outro. Elas favorecen a polinización e reprodución das plantas, que son un 35% da produción de alimentos.

Sen embargo, o 90% de especies están en perigo de extinción, neste caso, pertencen ao grupo dos himenópteros que son uns dos máis afectados, debido a pesticidas e e deforestación entre outros motivos.

Os motivos principais desta desaparición son:

A deforestación masiva: xa que ao non haber árbores, as abellas non teñen que polinizar e non habería sementes para continuar coa vida, porque é como unha cadea, nin terían lugares onde aniñar.

Falta de plantas: ao non haber planta as abellas non teñen de que alimentarse.

Uso de pesticidas e fertilizantes tóxicos: aféctalles a súa saúde e poden levalas directamente á morte.

 

A ONG Greenpeace afirmou que cada tres bocados dunha comida, un deles é gracias ás abellas. Segundo a Royal Geographical Society of London deron con algunhas formas de reemprazar os servizos de polinización silvestre enviando camións de abellas, estas modificadas xeneticamente para facelas inmunes aos insecticidas e ata facendo abellas robóticas.

As abellas non son as únicas que polinizan na maior parte de plantas, pero se estes animais chegan á completa extinción, haberá plantas que desaparecerían, por exemplo no caso das orquídeas, que soamente poden ser polinizadas por elas, ou nas cerdeiras, que un 90% da súa polinización tamén é grazas a elas.
Ademais de todo isto, se as abellas están en perigo de extinción, os alimentos como froitas e verduras que necesitan a súa polinización, non poderían cultivarse en cantidades tan grandes nin de forma tan barata, co cal, serían alimentos de “luxo” e a súa asequibilidade non sería tan fácil, o caso máis coñecido, sería na mel.

Hai unha estimación que di que hai 1400 millóns de insectos por persoa e que todos son imprescindibles para o equilibrio dos ecosistemas, sen embargo, actualmente un terzo dos insectos do planeta xa están en perigo de extinción. Por iso temos que actuar para frear isto, utilizando menos pesticidas ou outras substancias que lles afecten e sobre todo non matalas, porque non nos van a atacar, se non as molestamos.


Páxinas: Fundación Aquae, Ciencia, Ecología Verde.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta