O EQUILIBRIO NECESARIO

Unha cadea trófica tamén coñecida como cadea alimenticia é a interrelación que establecen os seres vivos con outros ao alimentarse de estos nunha certa orde. O término cadea refírese a que un organismo come a outro, e a súa vez este é comido por un terceiro,… Esta revela os vínculos entre os descompoñedores, os consumidores e os produtores.

A cadea trófica funciona da seguinte forma. As plantas mediante a fotosíntesis crean materia orgánica a partir de materia inorgánica utilizando os raios de sol. Estos organismos son os produtores (autótrofos). Despois destos veñen os consumidores, os cales se alimentan da materia orgánica creada polas plantas, e tamén uns de outros (heterótrofos). E por último están os descompoñedores, que viven a base dos residuos e os restos (heterótrofos). Por exemplo, un ratón aliméntase de plantas para obter a enerxía necesaria para sobrevivir. O roedor, ao mesmo tempo, pode ser o alimento dun zorro. O zorro cando morre pode convertirse na comida dun ave carroñeira, como por exemplo un buitre. E cando o buitre morre, este é descomposto polos descompoñedores como os fungos, os vermes,… Estos organismos, a planta, o ratón, o zorro, o buitre, e o fungo son eslabones da cadea trófica e cada un atópase nun nivel trófico diferente. Os consumidores poden dividirse de dúas formas: consumidores da primeria orde, os cales son herbívoros e son os que se alimentan das plantas; consumidores da segunda orde, os cales son os carnívoros que se alimentan de outros consumidores.

A enerxía que se transmite dun eslabón a outro a través da cadea vai diminuíndo gradualmente. Cada un a recibe do eslabón inferior a el, salvo as plantas que a reciben do sol. No caso dos consumidores fálase de consumidores primarios (herbívoros), secundarios (omnivoros/carnívoros) ou terciarios (carnívoros carroñeiros). Non se adoita chegar aos consumidores cuaternarios xa que a enerxía que estes recibirían sería case inservible.

Dependiendo do lugar onde teña lugar a cadea estas se clasifican en cadeas tróficas terrestres e cadeas tróficas acuáticas.

Os problemas que existen referidos a este tema teñen que ver coa desaparición dos seres vivos que constitúen un eslabón nas cadeas. Ao desaparecer esta especie, os animales que se alimentaban deles empezaran a desaparecer ao atoparse sen alimento, ao mesmo tempo produciráse unha sobrepoboación da especie inferior á que desapareceu xa que non existe un depredador que a mate. Desta forma créase un desequilibrio nos niveles da cadea trófica. Por exemplo, os lobos e os coiotes son cazados por considerarse unha ameaza ao gando. Os roedores, que eran cazados por estos animais, crecen en número e fan estragos nos cultivos. Ao querer solucionar un problema, créase outro.

Para variar, o ser humano tamén ten un importante papel no desequilibrio dos ecosistemas. A agricultura crea un ecosistema reducido no que moitos animais vense excluidos. A tala de árboles, por exemplo, diezma hábitats naturais que acollen a miles de criaturas. A caza de animais para vender a súa pel ou outras partes tamén é perxudicial. Os seres humanos non usan as súas propias ferramentas para conseguir alimento, se non que susténtanse a base de granxas onde se crían animais de forma artificial ou de plantación masivas que logo son empaquetadas.

A mellor solución a todo isto é deixar á natureza seguir o seu curso ou involucrarse minimamente e só no realmente importante.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta