O PULMÓN NA UCI

A deforestación dáse pola explotación da madeira e do territorio. Cando eliminamos un bosque e ese terreo é empregado para urbanización ou para actividade agrícola, diminúe a capacidade da superficie terrestre para poder controlar o seu propio clima e ao mesmo tempo, a súa composición química. A tala masiva das árbores, entre os séculos XVI e XVII en España, fixo que algunhas zonas do noso país, terminaran por converterse en páramos. España é o terceiro país europeo que provoca a deforestación de 32.900 bosques ó ano.

 

Os causantes deste fenómeno mundial, podémolos dividir en dous grupos:

  • Factores naturais: neste grupo podemos atopar ós incendios forestais (debido ao cambio climático, estes incendios cada vez son máis frecuentes e destrutivos) e as pragas e enfermidades nos bosques (tamén causan, de forma natural, deforestación. Un caso actual e extremo, é o dos bosques de Norteamérica).

 

  • Factores provocados polo ser humano: a actividade impulsiva do humano, é a principal e máis grave causa de deforestación. Neste grupo atopamos a tala de árbores mal xestionada (cada vez son taladas e queimadas maiores superficies para poder conseguir madeira e converter así ese territorio nunha zona de cultivo. Isto faise sen un control adecuado sobre o uso do solo), a gandería (para que o seu ganado se poida alimentar durante un longo período de tempo, os gandeiros arrasan con miles de hectáreas) e a urbanización do terreo (cada vez máis persoas viven nas cidades e as zonas urbanas quedan despoboadas. Deste xeito, é preciso ter maoir terreo onde edificar e, polo tanto, destrúense os bosques e as selvas).
  • Como afecta ás persoas?

Este suceso contamina o aire que respiramos con material moi pequeno, como os microplásticos, e con gases como o monóxido de carbono, metano, ozono,…  Estes,  contribúen ó aumento de morbilidade por enfermidades respiratorias e cardiovasculares. Por outro lado, tamén aparecen novas enfermidades e se dan as condición necesarias para dar lugar a maior variedade de patóxenos mortais e parasitos que causan, por exemplo, a malaria.

  • Como afecta ós animais?

Ó talar as árbores, as concentracións de dióxido de carbono, monóxido de carbono, dióxido de xofre e o dióxido de nitróxeno, son moi altas e provocan a morte de moitos animais. Ao mesmo tempo, o solo erosiónase cambiando así a paisaxe e dificultando tamén a busca de alimentos para os animais. Moitos deles perden o seu hábitat natural por mor da actividade do ser humano. Na última década, arredor de 500 especies animais foron ameazadas pola deforestación e o que esta implica.

Este fenómeno afecta directamente co quentamento global xa que, ao non haber tanto terreo forestal, non se absorben os gases de efecto invernadoiro e estes, soben a atmosfera. Despois da deforestación, o terreo perde a súa cuberta forestal e a súa fertilidade causando á vez, desertización. Nos bosques tamén se conteñen fluxos de auga de ríos e regatos  polo que, ó talar as árbores, xéranse inundacións e escorreduras.

Medidas para intentar frear á deforestación:

  • Podemos axudar reciclando e mercando produtos reciclados e sostibles co medio ambiente.
  • Empregando o papel de maneira racional e economicamente.
  • Substituíndo as árbores que foron taladas por outras novas plantas.
  • Protexendo ós bosques das actividades das empresas dedicadas á minería.


 

 

Fontes de información: National Geographic e Ecoavant.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Contaminación, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta