O NOSO ACOMPAÑANTE SOLITARIO

Lúa

A Lúa é o único satélite natural da Terra. É o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, tendo un diámetro ecuatorial de 3.476 km. Pero é o satélite de maior tamaño proporcional respecto a o seu planeta, a Terra. Atópase en relación síncrona coa Terra, e decir, sempre mostra a mesma cara cara o planeta.  A súa superficie é moi oscura, semellante ao carbón. Aínda que é o obxeto maís brillante no ceo despois do Sol. A Lúa exerce unha gran influencia sobre o medio ambiente da Terra, causando as mareas, que afectan a as correntes mariñas, e estabilizando o eixe da rotación terrestre, algo esencial para manter o ciclo das estacións. Non dispón de aire nin de auga, por eso a súa superficie non se deteriora co tempo, senón cando un meteorito pega sobre ela.

A Lúa nonfases da Lúa se percibe coa mesma iluminación dende o noso planeta todos os días, senón que pasa por distintas fases atendendo a súa posición con respeto á a Terra e ao Sol. As principais fases polas que pasa o satélite, son catro e coñecense como: Lúa nova, cuarto crecente, Lúa chea e cuarto minguante. Ata chegar a esas, acontecen fases intermedias coñecidas como: crecente cóncova, crecente convexa, minguante convexa e minguante cóncava. A Lúa non ten luz propia e por eso podese ver grazas á a luz que o Sol reflicte sobre a súa superficie. As fases lunares responden a cómo podemos ver a Lúa iluminada dende o noso planeta. Cada fase lunar dura aproximadamente unha semana é un ciclo lunar tarda 29’5 días, este período coñecese como lunación.

Así son as fases da Lúa:

A Lúa nova é a primeira fase do ciclo lunar e o satélite apenas pode percibirse. Esto sucede porque a parte da Lúa que mira hacia a Terra non esta iluminada polo Sol.

A Lúa cuarto crecente, nesta fase podese ver a metade da Lúa iluminada polo lado dereito, no hemisferio norte e a inversa no hemisferio sur.

A Lúa chea, é a cara da Lúa cando esta plenamente iluminada polo Sol na súa totalidade. Nesta fase a Lúa podese ver toda a noite dende o noso planeta.

A Lúa cuarto minguante, nesta fase podese ver a outra metade da Lúa iluminada, polo lado esquerdo, no hemisferio norte e a inversa no hemisferio sur.

Para coñecer un pouco máis da Lúa, hai que empezar polo principio.Colosión entre a Terra e Tea Como foi creada a Lúa?

A orixe da Lúa foi  hai case 4500 millons de anos como resultado dunha colisión catastrófica entre a Terra e outro protoplaneta do tamaño de Marte. Este corpo do tamaño de Marte, denominado Teia, golpea a Terra, formando un anel de entullos que ao longo do tempo acumulouse nun só satélite natural. Esta colisión tamén resultou no eixe inclinado de 23,5º do noso planeta, causando así as estacións. A teoría do gran impacto donominou o debate sobre a orixe da Lúa durante decenios, en parte porque explica o gran tamaño do noso satélite e a ausencia da auga nel. Sin embargo, a teoría actual ten dificultades para xustificar outras propiedades da Lúa, como a súa composición, extrañamente similar á da Terra.

A humanidade e a Lúa.

Os seres humanos dende os seus comezos sempre tiveron relación coa Lúa. As fases lunares do noso satélite influiron nas nosas creencias e nalgunhas culturas, tamén na linguaxe como no calendario, no arte ou na mitoloxía. Foron utilizados para explicar, por exemplo, a marea alta e baixa dos océanos, na agricultura (sembra, recoleccións,…) e incluso nos nosos estados de ánimo.

A Lúa é o único corpo celeste no que o ser humano realizou un descenso tripulado, aíndaO home na Lúa que o Programa a Lúa da Unión Sovietica, foi o primeiro en alcanzar o satélite cunha nave espacial non tripulada. O programa Apolo, de Estados Unidos realizou as únicas misións tripuladas á Lúa hasta a data. A primeira óribita lunar tripulada chamouse o Apolo 8, no 1968, e os seguintes alucinaxes tripulados foron entre o ano 1969 e 1972, sendo o primeiro o Apolo 11, no 1969, e o último o Apolo 17. Estas misions regresaron con máis de 380 kg de rocha lunar, que permitiron alcanzar unha detallada comprensión xeolóxiaca das orixes da Lúa. No 1970, á Unión Soviética puxo na superficie do satélite o primer vehículo robótico controlado dende a Terra: Lunojod 1O rover foi enviando fotografías da superficie que percorreu durante case un ano. Dende a misión Apolo 17, no 1972, foi visitada únicamente por sondas espaciais non tripuladas.


Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.