BASTONCILLOS ASASINOS

bastoncillos-centro-optico-social

Segundo os otorrinolanos, os bastoncillos dos oídos non son necesarios nin beneficiosos. Os bastoncillos foron creados como unha ferramenta de maquillaxe e inserilos no canle do oído poden causar lesións e infeccións. Ademáis a cera no oído non é problemática nin antihigiénica

Pero esta non é a razón pola cal máis e máis estados queren obter a prohibición total dos bastoncillos dos oídos. O primeiro país en intentar obter unha lei que propón a eliminación destas varas é a de Escocia, xa que segundo os expertos, estas varas teñen un gran impacto no contorno mariño.

 

Estímase que estaWoman cleaning ear using cotton sticks varas son responsables do 60% da contaminación dos mares debido a unha conciencia das campañas nas que se emiten ao retrete. O seu estreito diámetro de 2 milímetros permítelle pasar polas centrais de tratamento de augas residuais e as redes de sumidoiros máis estreitas, chegando a ríos, cursos de auga e mesmo o mar.
Aí é onde se dá a traxedia. As aves mariñas e a vida salvaxe como as tartarugas consumen estes plásticos e causan a morte por envenenamento ou lesións internas. Entre os que sobreviven, forman parte da cadea trófica que causa que algúns deles sexan tamén inxeridos por humanos. Nas praias escocesas atopouse o dobre entre 2016 e 2017.basttton

A medida prohibirá a comercialización das barras, pero tamén a súa fabricación, o que tamén significou a conciencia das empresas. O xigante Johnson & Johnson comprometeuse a deixar de fabricalos en 2016 no Reino Unido, e as cadeas como Mark & Spencer introduciron variantes biodegradables nas que a barra está feita de cartón.

A lexislación escocesa está por diante dos ingleses, cuxo Plan Ambiental busca a eliminación de produtos de consumo de plástico a 25 anos, pero tamén aos franceses, o máis ambicioso ata a data na UE.París tiña a intención de prohibir barras este ano, pero finalmente concedeu unha moratoria aos fabricantes ata o 2020.

En España, a Lei de Cambio Climático proposta aprobada polo Congreso establece que estes produtos deben conter o 50% dos elementos biodegradables deste ano, que serán do 60% ata o 2020.

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

O SER HUMANO, O DEPREDADOR MAIS GRANDE

Na actualidade inténtase concienciar á xente da importancia e necesidade de coidar o medio ambiente no cal vivimos. Pero estes intentos moitas veces son en vano.

A extinción é un proceso natural no curso da evolución. Ó largo de todo o tempo xeolóxico o número de especies que se foron extinguindo é maior que o número de especies que hai na actualidade. Pese a que sexa un proceso natural, a partir do século XVII tivo un gran aumento debido ó ser humano (ós avances tecnolóxicos e o impacto sobre os ecosistemas naturais da explosión demográfica). Hoxe en día o medio ambiente sofre uns cambios demasiado rápidos e moitas especies non teñen a capacidade de adaptarse a eles con esa velocidade.

O aumento de especies en perigo de extinción sube cos anos. O ano pasado había 1.045 especies máis en perigo de extinción con respecto ó ano anterior segundo o reporte da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (U.I.C.N.) . En total hai ó redor dunhas 25.062 especies en perigo de extinción, e tristemente a principal causa da extinción destas é o ser humano. No ano 2006 había 16.119 especies en perigo de extinción, só en 11 anos aumentou case un 36%.

Unha especie pode estar en perigo de extinción por distintas causas, as principais son a explotación irresponsable dos recursos naturais polo home, causas que abarcan os fenómenos naturais (secas, incendios, pragas, enfermidades, etc.), a degradación do hábitat pola parte do ser humano, o aumento da poboación humana, a alta demanda pola parte das persoas e o Quecemento Global. Outras causas son o tráfico de especies e as especies invasoras. O tráfico de especies converteuse nun dos empendimentos económicos máis importantes e atópase de terceiro no mundo, despois das armas e das drogas. As especies invasoras son as que se desenvolven fora da súa área de distribución natural en hábitats que non son os seus propios, producindo así alteracións na riqueza e na diversidade dos ecosistemas.

Obviamente neste traballo non vou a mencionar ás 25 mil especies, pero si que vou a citar algunhas das mais coñecidas.

  1. O xaguar está sendo vítima da extinción a pesar da gran cantidade de campañas de concienciación que numerosas ONG realizan. A captura para o uso das súas peles diminuíu, pero aínda así segue a decrecer o número de xaguares.

  2. O leopardo das neves está desaparecendo en función do avance do home sobre o seu hábitat natural. Non se superan os 10.000 exemplares, en estado decrecente. Vese ameazado pola caza e o comercio ilegal.

  3. O atún vermello segundo a lista vermella da UICN atópase en estado crítico. A súa principal ameaza é a sobre explotación pesqueira. Estímase que no transcurso de 100 anos quedarán só ó redor de 500 exemplares.

  4. Unha gran vítima do cambio climático dende fai anos é o oso polar. O derretemento dos polos esta xerando o illamento desta especie.

Algunhas especies de animais en Galicia en perigo de extinción son as seguintes:

O oso é o mamífero que se atopa en maior extinción na nosa comunidade autónoma.

As aves son as máis ameazadas, 13 especies están sendo protagonistas dunha disputa pola súa existencia ou a súa desaparición na actualidade. As aves máis ameazadas son a aguia real, a pita do monte (a cal se pensa que non existe xa), o arao e o mazarico real.

Nos réptiles destacan como vítimas da extinción: o escáncer de patas ibérico e de dous tipos de tartarugas (a tartaruga de coiro e o sapoconcho común).

Entre os invertebrados a ameaza afecta a ó redor de catro especies de moluscos e outras catro de artrópodos.

A loita contra a extinción das especies consigue resultados favorables grazas ás medidas de conservación, implantando leis de protección, ou a creación de espazos naturais protexidos. Pero non son suficientes como para facer decrecer a extinción. Por esa mesma razón hai que intentar concienciar á xente da gravidade deste problema.

 

 

Publicado en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Un cancro por culpa do diésel?

 

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a contaminación é o principal problema ambiental en todo o mundo e ten un efecto importante na saúde da poboación. A contaminación do aire representa un importante risco ambiental para a saúde. Mediante a diminución dos niveis de contaminación do aire os países poden reducir a carga de  accidentes cerebrovasculares e cancros de pulmón.

Canto máis baixos sexan os niveis de contaminación do aire mellor será a saúde cardiovascular e respiratoria da poboación. A principal causa de contaminación está relacionada coa combustión de carburantes fósiles e sobre todo no interior das cidades.

Estudos recentes que realizou a OMS concluíron que existe unha relación directa entre o fume e emisións resultantes da combustión do diésel e a aparición do cancro naquelas persoas altamente expostas no que se refire á súa contribución á contaminación atmosférica, os vehículos diésel son máis daniños que os vehículos de gasolina.A pesar de que a combustión do diésel emite menos dióxido de carbono que un motor equivalente de gasolina, pero sí emiten determinadas partículas microscópicas e óxidos de nitróxeno que non están presentes na combustión da gasolina.

Provocan unha gran cantidade de enfermidades, o primeiro contacto coas mucosas, xa sexan as respiratorias, como a traquea,nariz, ou tamén os ollos, pode provocar irritación, tose ou dificultades para respirar.

Ademais dos problemas respiratorios,hoxe sabemos que hai unha gran cantidade enfermidades que poden ser causadas ou aceleradas polos contaminantes do aire. Varios estudos determinaron que as emisións dos motores diesel conteñen moitos carcinógenos e estudaron os seus efectos no cancro de pulmón, concluíndo que os índices deste tipo de cancro son máis elevados entre aqueles con maior exposición a emisións diésel e outros tipos de emisións por tráfico.

Esto fai que en moitos lugares en donde o trafico sexa maior se empece a prohibir o diésel ata rematar coa prohición de vehiculos de gasolina e diesel coa finalidade de que os coches sexan electricos para unha mellora  de saúde e unha redución da contaminación.


 

 

Publicado en Medioambiente | Etiquetado , , | Deixa un comentario

O GRAN DESCOÑECIDO

Entre o 3% e o 14% dos casos de cancro están asociados á exposición ao radon.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) leva case catro décadas advertindo dos efectos do radon, xa que este é a causa máis importante de cancro de pulmón despois do tabaco. En España, en 2014, as mortes polo cancro de pulmón causado polo gas radon, foi superior ás cifras que provocaron os accidentes de tráfico.

A composición xeolóxica de Galicia, con gran presenza de materiais graníticos, é a responsable do elevado nivel de radon, un gas radioactivo de orixe natural que tende a concentrarse en interiores de vivendas, colexios, lugares de traballo… Non ten olor, color nin sabor. Prodúcese a partir da desintegración radioactiva natural do uranio, que está presente de forma natural no solo e nas rochas, sobre todo nas graníticas. Tamén pode estar presente en auga.

Hai estudos realizados en Europa, América do Norte e China que confirman que, incluso en concentracións baixas, o radon tamén entraña riscos para a saúde e contribúe considerablemente á aparición de cancro de pulmón en todo o mundo.

A Unión Europea ditaminou que a exposición constante ao  radon  supón un grave risco para a saúde. Despois de 30 años de análises científicos e estudos de laboratorio, a UE obrigará a España a partir de 2018 a tomar medidas para corrixir o problema.

En 2009, a OMS publicou o  Manual da OMS sobre o radon en interiores: que ofrece propostas normativas destinadas a reducir os riscos para a saúde proporcionando información sobre as concentracións, implantando programas nacionais para reducir o risco establecendo un nivel de referencia medio anual nacional de 100 Bq/m3  que non debería superar os 300 Bq/m3 (medidas destinadas a previr a concentración de radon nas vivendas de nova edificación, establecendo protocolos de control do mesmo).

As recomendacións aprobadas pola Unión Europea entraron en vigor en febreiro de 2018. A medida máis inmediata para loitar contra o radon é reparar buratos e gretas no solo ou nas tubaxes e en todo o que conecta a vivenda co subsolo. Tamén se poden colocar membranas ou barreiras e sistemas de ventilación entre o solo e a vivenda. Ademais deberiamos ventilar  o fogar diariamente xa que este gas ten un período de desintegración de case 4 horas e en lugares pechados prodúcese unha acumulación que pode danar a saúde. É esencial que os profesionais da construción estean formados sobre o tema. Respecto á lexislación, o IAEA, elaborou unha guía de seguridade con normas e criterios que cada Estado pode incluír nos seus planes nacionais.

Galicia é unha zonas de elevada contaminación interior por radon e son necesarias medidas que protexan á poboación. Segundo o mapa realizado polo Consello de Seguridade Nuclear, España está dividida en tres categorías dependendo da exposición ao gas: media, baixa e alta. A zonas máis afectadas son o sur de Galicia, Madrid, Salamanca, Córdoba, Gran Canaria…

No Laboratorio de Radon de Galicia realizáronse máis de 4.500 medicións de radon interior en diferentes puntos, tanto en vivendas como en edificios ou lugares de traballo. O Laboratorio de Radon de Galicia é o segundo laboratorio español con máis medicións. Nel elaborouse o Mapa Galego de Radon, que presenta as concentracións de radon en cada municipio da Comunidade galega. O Laboratorio de Radon é un laboratorio universitario, no que podemos consultar os niveis deste gas. Atópase na Universidade de Santiago de Compostela.

Publicado en Medioambiente, Novas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

FUTURO SEN CERTEZA

alimentos-transgenicos-en-contra

Os alimentos transxénicos son aqueles que foron producidos a partir dun organismo modificado xeneticamente. A maior produción destes alimentos prodúcese en China, Norteamérica e parte de Sudamérica. Algúns aínda están en proba, xa que non se sabe ben como poden afectar ó meioambiente, ó ecosistema e ó ser humano.

Teñen ventaxas sí, tanto para o noso organismo como para a industria alimenticia, xa que  é unha comida de mellor calidade e acondicionada con máis nutrientes.

alimentos-transgenicos

Pero todo o bo, ten a súaparte mala… tamén teñen consecuencias, ó non coñecer a súa orixe, poden causarnos alerxias ou incluso intoxicación; poden facer que os medicamentos e antibióticos deixen de facernos efecto, polo tanto estar desprotexidos ante enfermidades infecciosas; tamén poden causarnos envelenamento, porque adoitan ter residuos agroquímicos, como pesticidas, que provocan cancro entre outras enfermidades; poden causar tamén mutacións xenéticas, debido á recombinación de virus e bacterias; tamén hai posibilidade de que causen un dano hepático…

En canto a cosecuencias medioambientales e no ecosistema os transxénicos poden facer desaparecer á especie local debido á súa mellor resistencia e xa que están modificados para solucionar os problemas que causa a propia especie (por exemplo que se unha planta necesita vivir nun clima frío, pois facela máis resistente a éste)

A FAO emitiu diversas alertas para que estes alimentos estén ben controlados, mediante etiquetas e outros sistemas.


No caso da Unión Europea, ata 2005 prohibiu a plantación destes produtos, pero debido a diversos experimentos agora permiten facelo. Pero aínda non se sabe o suficiente destes novos alimentos! Polo tanto a maioría non están aínda no mercado, e o que menos se sabe é como lle afectará a cada persoa. Actualmente en España existen estas plantacións, iso sí o noso país non destaca moito nesta actividade.

BIBLIOGRAFÍA

http://aebioetica.org/archivos/05bioetica53.pdf

http://www.salud180.com/nutricion-y-ejercicio/5-danos-la-salud-por-alimentos-transgenicos

Antonio Sineiro Abal, 4ºA

Publicado en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

ASESINATO ACUÁTICO!!

A auga é un dos medios principais dos cal nos aproveitamos en Galicia, pero á vez tamén é o medio ao que máis maltratamos, isto é, tirando nela residuos ou sobreexplotándoa. Pero… isto preocupalle realmente á xente? O certo é que non o suficiente, só lle importa a perda da biodiversidade aos menores de 25 anos.

Hoxe en día hai unha gran sobreexplotación mariña, dado que hai centos de miles de persoas as cales o seu traballo é ese, xa sexa mariscar ou pescar. Sendo tantas persoas a demanda cada vez é superior, polo tanto as reservas de peixes son menores. Mais… pode levar isto á consumición total? Según estudos de diferentes partes de Galicia afirman isto, xa que chegará un punto no cal non haxa suficiente como para cubrir a demanda.

A perda de animáis acuáticos non so se debe á pesca excesiva, senon tamén ao quentamento global, o cal fai que exista un aumento da temperatura, a cal está danando a vida acuática. Mais a todos os motivos anteriores súmaselles á contaminación mariña, a cal axuda á perda de peixes, xa que no fondo mariño hai numerosas sustancias tóxicas (mercurio, plutonio, así como pesticidas ou outros productos agrícolas)

Publicado en Medioambiente | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

O PLANETA CONTRA O PLÁSTICO!!!!!

Essay-Dead-Bird2

Vouvos falar sobre a contaminación do plástico . Comezamos pola contaminación ambiental  que é a incorporación ao medioambiente de axentes nocivos que teñen un propio orixen tanto biolóxico, como físico e tamén químico ( é sobre a que vou falar) estes teñen a súa orixe tanto no chan como no aire e na auga,

Contaminación no aire: Que é a incorporación a propia atmosfera de gases tóxicos que fan daño a nosa atmosfera e destrúen a capa de ozono , esta protexenos dos raios ultravioletas.

Contaminación no auga: Prodúcese cando vertes productos contaminantes como       productos químicos.

Contaminación no chan: Mediante a incorporación de substancias tóxicas e elementos contaminantes.

CONTAMINACION AGUA SUELO AIRE

En concreto da contaminación química vouvos falar dos plásticos.

Estos son materiales compostos por materiais como( proteínas, resinas….) e que pódense moldear ao chegar a súa máxima temperatura e estes teñen as suas propias características. Teñen unha importancia de cara o medio ambiente e nos vemolos e non lle damos nin a mínima importancia, como exemplos tan concretos como o das pajitas ou dos bastóns para os oídos. Moita desta contaminación podemola evitar se comezamos a reciclar.

Estos poden trair problemas como:

  • Os plásticos entran en contacto cos propios alimentos e poden chegar a envenenar a propia persoa que tome dicho alimento.

Os plásticos fragmentanse en pequenos trozos que acumulanse e incluso chegan a atraer unhas substancias tóxicas. E a verdadeira solución aparte de reciclar os plásticos é deixar de utilizar os plásticos de usar e tirar.

Esto pódese solucionar mediante uns tipos de soluciones:

Individuales: 2 Niveis

1º Nivel:

  • Deixar de utilizar as bolsas de plástico
  • Evitar os envases de plástico
  • Evitar os xoguetes de plástico
  • Evitar comida enlatada

2ºNivel:

  • Deixar de utilizar os mecheros de usar e tirar
  • Evitar os vasos, platos e garfos de plástico
  • Evitar os cartóns e envases tipo bric
  • Evitar os productos de limpeza en plástico

En conclusión dende o meu punto de vista parece mal que a xente utilice plásticos e non os tire, pois no sitio onde deben estar, e ogallá a xente utilice as solucións que nombrei anteriormente e así podamos ter entre todos un mundo máis limpo e sobre todo máis saudable e que poidamos respectar tantos a nos mismos como os propios animais.

 

 

 

Publicado en Ciencia e Sociedade, Medioambiente | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

POR ESTE CAMIÑO… ADEUS

Por este camiño, non imos a ningures. Pola nosa culpa, diferentes especies poden chegar a estar en perigo de extinción ou o que é peor poden chegar a extinguirse totalmente. Como é o Elefante.

elefantes-800x375

Dende o 2017, o elefante atópase en perigo de extinción. Debido a diferentes causas como son:

-A caza ilegal, a caza cara os elefantes comezou ao arredor dos 70 pola gran demanda de marfíl que houbo , pero debido a gran matanza que houbo nos 80 (arredor de 100.000 elefantes) ocasionou que en 1990, prohibírase o comercio de marfíl. Facendo así, que agora sexa ilegal a caza e axudando a repoblar certas zonas. Pero agora na actualidade, isto foi a peor xa que houbo una gran perda entre 2011 e 2012, o que ocasionou que en África queden entre 690.000 e 472.000 elefantes, inda que se pensa que é moito menor a cifra. Inda que a gran maioria deles se encontran en parques protexidos, non hai suficiente vixilancia para parar aos cazadores furtivos que só pensan no seu beneficio (o marfil) e non pensan no que lles causan os animais que están matando e o dano que fan ao medioambiente.

58

-O outro gran problema pero non menos importante é que está a desaparecer o alimento no seu hábitat, o que causa que teñen que andar durante días para atopar alimento e algúns non aguantan tanto tempo sen alimentarse e morren no intento. Cada vez o seu hábitat vai desaparecendo máis, e cada vez será máis difícil atopar alimento.

En conclusión, os humanos somos os responsables de que nun futuro poidan desaparecer, temos que frear e acabar con isto. Porque… Qué é o mundo sen animais?

 

Publicado en biodiversidade, Medioambiente | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

ATA QUE PUNTO PODE AFECTAR UNHA MINA Ó MEDIO AMBIENTE?

Actualmente, queren reabrir unha mina de cobre na fronteira entre O Pino e Touro, mais isto prexudicará moito tanto ó medio ambiente e á nosa saúde como ó traballo das persoas desa zona cuxo oficio está relacionado co sector primario.

Xa sen entrar nos produtos químicos que utilizarán, coa apertura desta mina eliminaríanse aproximadamente 690 hectáreas de masa forestal, cultivos e vexetación. Ademais, asegurase que farán voar sobre seis veces ó día durante 15 anos, unha cantidade de entre 9 e 16 toneladas de explosivos canceríxenos e moi pouco biodegradables a menos dun quilómetro de 20 núcleos de poboación.

 Para o proceso de separación do cobre utilízanse uns produtos químicos altamente perigosos tanto para as persoas como para o medio ambiente. Estes químicos xunto coas altas concentracións de metais pesados a causa desta mina afectarían de forma moi brusca ó sector primario do Mar de Arousa, onde presentaranse niveis de mercurio e cadmio superiores ós máximos legais permitidos, e tamén afectará á captación de auga potable, que será contaminada polo contacto con estes metais.

 

 

Publicado en Medioambiente, Novas | Etiquetado , | Deixa un comentario

RUMBO A MARTE

deserto de atacama

Atopan vida no lugar máis seco do mundo, no deserto de Atacama (Chile).

en 2015, despois de 40 anos, choveu no deserto de Atacama, coa que, confirmaron a existencia de microoorganismos autóctonos como bacterias, fungos e virus. O que lles fixo preguntarse: Si hai vida aquí, por que non podería habela en Marte?

Neste deserto, soe chover aproximadamente sobre 20mm de auga ao ano, aínda que hai algunhas zonas na que a chuvia aparece de década en década. Na que tamén as radiación ultravioletas son moi altas. Ademais, aínda que hai moito mineral, case non hai materia orgánica da que podan vivir os microorganismos.

Os investigadores descubriron que algunhas das bacterias teñen a capacidade de reparar o ADN e outras, dan paso a outra xeración por medio de esporas que poden permanecer viable durante miles e anos.

En Marte, apesar de que non chove, si que hai auga baixo a superficie, onde, ademais, tampouco cegan radioactividade nin o vento solar. Polo que, os microorganismos, para sobrevivir a os períodos de desecación poden tamén dar resistencia adicional as radiacions.

Entón, si é así na Terra, tamén pode selo en Marte.

Publicado en Ciencia e Sociedade, Clima e meteoroloxía, Medioambiente | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario