A 7 PASOS DA PERDA DE MEMORIA

O Alzhéimer é a causa máis común da demencia. É unha enfermidade progresiva do cerebro que fai que que as persoas que a padecen teñan perdas de memoria entre outros tipos de síntomas.

Os médicos e os científicos, profesionais nese tema, pensan que o Alzhéimer está causado pola formación de depósitos de proteína no cerebro por un mal funcionamento que lle chaman placas e enredos, os cales entán formados por dúas proteínas: Amiloides e Tau. Estas dúas proteínas tamén están presentes nos cerebros dos que non padecen o Alzhéimer, pero nos que sí o padecen, os Amiloides e o Tau funcionan de maneira incorrecta:

  • Os Amiloides forman placas fora das células e o Tau empeza a producir enredos dentro delas. Estas placas e nós fan dano ás células nerviosas, que rematan matándoas.

Cando xa moitas destas células morren o cerebro comeza a encoller e aparecen os primeiros síntomas.

O Alzhéimer afecta ás persoas de diferentes maneiras. O tempo entre as etapas desta enfermidade pode pasar máis rápido ou máis lento, e as veces e díficil saber con determinación en que fase unha persoa pódese atopar.

Hai sete etapas no Alzheimer:

1. ANTES DOS SÍNTOMAS. O risco de padecer Alzhéimer é máis elevado co paso dos anos, por iso é importante as visitas habituáis no médico para detectar antes o problema ou os primeiros síntomas.

2. ESQUECEMENTO BÁSICO. Para algunha xente estes esquecementos son normáis nunha persoa da terceira idade, pero non o son. Normalmente, a parte do cerebro que está primeiramente afectada é o hipocampo, unha estrutura cun rol moi importante en formar recordos. Esa é a razón pola que os primeiros síntomas do Alzhéimer sexan lapsus de memoria como esquecer nomes ou onde se deixaron as chaves da casa. As persoas nas primeiras etapas do Alzhéimer teñen problemas respeto a crear novos recordos. Tamén é frecuente que repitan as cousas máis de dúas ou tres veces nunha conversa, e co paso do tempo os lapsus van ser máis frecuentes, aí é onde empeza a seguinte etapa.

3. DIFICULTADES DE MEMORIA NOTABLES. Esta etapa é a que máis cambios provoca e é máis difícil culpar á idade. A maior parte dos enfermos son diagnosticados nesta parte do recorrido xa que é cando as rutinas diarias comezan a romper, por exemlo:

  • dificultade para lembrar libros ou periódicos lidos fai pouco.
  • dificultade na organización.
  • dificultades con respecto ó social.

4. MÁIS QUE PERDAS DE MEMORIA. Pode durar un longo período de tempo. É cando a persoa que sofre a enfermidade lembra só algúns detalles importantes. Poida que lles sexa difícil recordar as cousas que fixeron non hai moito, mentres que poden recordar cousas do pasado, xa que os recordos formados hai moito tempo dependen menos do hipocampo e máis de outras partes do cerebro que aínda non están en mal funcionamento. Os síntomas desta etapa son:

  • Confusión sobre o día que é e onde se atopa a persoa.
  • Risco de perderse.
  • cambios no horario (esperto de noite e durmir de día).

5. MENOS INDEPENDENCIA.  O cerebro dunha persoa con esta enfermidade consta con un nivel máis baixo de neurotransmisores (permiten que as mensaxes viaxen entre as células nerviosas). Isto podería facer que as células se comunicasen peor, causando problemas graves coa memoria e os pensamentos. Neste período esquecense da xente importante para eles, como a familia e os amigos, terán dificultades para aprender cousas novas e para facer tarefas sixelas como vestirse ou ir ó baño. A parte do cerebro máis crítica aquí será a amígdala, a cal é moi importante para as emocións. O dano na amígdala pode causar cambios emocionáis como os seguintes:

  • Alucinacións (ver cousas que na realidade non están).
  • Delirios (crer que algo que é falso sexa verdade).
  • Paranoia (crer que todo e todos están na túa contra).

6. SÍNTOMAS GRAVES.Na sexta etapa os síntomas son máis severos e os enfermos serán aínda máis dependentes. tamén encontrarán dificultade na comunicación e só poderán dicir algunhas frases e palabras, pero non serán capaces de expresar pensamentos específicos como por exemplo onde sofren de dor. Cantas máis células nerviosas morran e máis partes do cerebro estén afectadas, os síntomas serán máis e peores, o que é coñecido como unha progresión gradual de síntomas.

7. PERDA DE CONTROL FÍSICO. O Alzhéimer destrúe todas as células nerviosas e remata causando deterioros físicos ademais de mentais. Neste punto as persoas que teñen Alzhéimer necesitarán axuda para camiñar, senterse, levantarse… Ata que chegue o momento no que necesitarán axuda ata para masticar.

Canto máis progresa o Alzhéimer, máis difícil é de recordar as cousas, aínda que as persoas con esta condición sempre poden ser axudadas a combatir as súas perdas de memoria con moitas estratexias diferentes:

  • Recordar un número PIN.
  • Notas ou posits con tarefas ou actividades do día a día.
  • Facer actividades con outras persoas.
  • Escoitar programas de radio ou televisión que estimulen a mente.

Ademais de estas estratexias cos lapsos de memoria, existen tratamentos e axuda médica con todos e cada un dos síntomas nombrados anteriormente, que aínda que non curen realentizan o Alzhéimer.

Actualmente existen varias investigacións en curso que buscan unha cura para esta enfermidade, considerada a epidemia do século XXI, e plantexar melloras nas condicións de vida das persoas que a sofren.


 

 

Publicado en Mediciña e saúde | Etiquetado , , | Deixa un comentario